Xuntanza comunitaria

O pasado venres 19 de abril celebramos unha xuntanza comunitaria pola tarde-noite, na que houbo tempo para cear, charlar, xogar, botar unhas risas e, en definitiva, compartir a vida e facer comunidade.

Xa era tempo de xuntarnos para, simplemente, estar e sentirnos parte da gran Comunidade. Desta vez, quixemos que as máis novas tivesen un especial protagonismo. Por iso, ademais dunha cea de ‘picoteo’, fixemos un par de xogos que permitían a participación de todas as presentes: un ‘kahoot’ sobre a historia da parroquia e un bingo organizado e dinamizado polas comunidades máis mozas.

O tempo tamén acompañou, nunha xornada festiva e chea de sentido. Ah! E tivemos un photocall inicial polo que pasamos moitas, moitos de nós. Non están tod@s @s que son pero si que son tod@s @s que están. Deixamos aquí unha montaxe en vídeo: