Da man de Amnistía Internacional Vigo, nove entidades sociais viguesas xuntámonos para reivindicar outras políticas que atendan as persoas máis vulnerables e garantan o dereito a unha vivenda digna recoñecido na Constitución. Amnistía Internacional, Cáritas Diocesana de Tui-Vigo, Fundación Érguete–Integración, Os Ninguéns, Proclade Fundación, Provivienda, a Rede Social Galicia Sur, o Sindicato de Inquilinas Vigo Tui Baixo Miño e a nosa Parroquia do Cristo da Victoria vimos de remitir senllas cartas ao Alcalde de Vigo e á Delegada da Xunta. Nelas reclamamos que os orzamentos para 2024 de ambas as dúas administracións inclúan partidas concretas que permitan poñer en práctica estas medidas.
Entre outras medidas, as entidades demandan un plan plurianual que garanta o incremento progresivo do parque mínimo de vivenda destinado a políticas sociais, incluído o alugueiro social, e un calendario para acadar a media europea do 15% de vivenda social do parque municipal de vivendas en Vigo,
Ademais, presentamos este decálogo de medidas para promover a vivenda social dirixido ao Concello de Vigo e á Xunta de Galicia:
+ Info nestes medios de comunicación: