Círculo de Silencio polo Día do Traballo Decente

O pasado xoves 5 de outubro, ás 20:00, xunto á Farola de Urzáiz, a Rede Social Galicia Sur convocounos a un novo Círculo de Silencio. Xunto a todas as persoas traballadoras do mundo, celebramos así a Xornada Mundial polo Traballo Decente co obxectivo de reivindicar o traballo decente como dereito e para lograr o benestar da comunidade.

Nestes tempos de precariedade, inseguridade e explotación laborais, cómpre esixir outro mundo posible, que respecte os dereitos das traballadoras e traballadores. 

Deixamos a continuación o manifesto, o cartel e algunhas imaxes: