Nos próximos días poderemos contemplar no fondo da Igrexa unha exposición que baixo o título #ConectaPobreza nos fala das desigualdades globais derivadas do consumismo dos países occidentais. A exposición, elaborada pola rede “Enlázate coa Xusticia», consta de 8 paneis que tratan sobre a conexión entre a pobreza de millóns de personas en todo o mundo e o deterioro do medio ambiente polo abuso dos recursos: o auga, a alimentación, a enerxía, o transporte, as tecnoloxías, etc.
Aínda que son temas que temos tratado en diversas ocasións nos últimos anos, pensamos que é interesante volver sobre eles porque inciden na necesidade de vivir doutra maneira, de cambiar os nosos hábitos de consumo, para ter unha incidencia concreta na nosa realidade local e global. Non se trata de cambiar o mundo por accións individuais, pero si de concienciarnos e contribuír a concienciar a quen nos rodea, e de cambiar así o noso pequeno mundo a través do noso consumo.
Non deixedes de achegarvos a contemplar esta exposición e a reflexionar sobre as cuestións que nos prantexa para, sobre todo, tratar de ser coherentes coa chamada que nos fai a ser axentes activos na transformación do noso mundo.
Neste enlace tedes máis información para a reflexión persoal e comunitaria sobre os temas abordados na exposición. Hai materiais moi interesantes…




