O vindeiro sábado, 24 de decembro, ás 20h., celebraremos a tradicional Misa de Noiteboa. Gustaríanos que fose unha celebración chea de vida, de esperanza, de compromiso cun futuro máis xusto e fraterno para todas as persoas, comezando polas máis vulnerables e empobrecidas. Porque a esperanza se constrúe día a día dende o máis pequeno e cos máis pequenos, como ese recén nacido que agarda por nós…
