Retomamos as Misas de Familia!

Levabamos dous cursos nas que, por unhas ou por outras, faltábanos algo nas nosas celebracións: a presenza dos máis peques da casa. Foi unha longa espera, pero xa temos retomado a celebración da misa de familia….e con notable éxito.

Os máis peques non defraudaron, e o pasado domingo 13 de novembro acudiron en gran número e con moitas ganas de compartir unha experiencia nova. Desta vez foron as nenas e nenos da etapa de Comuñón as que levaron o protagonismo. Encargáronse, xunto aos seus catequistas, de preparar unha celebración ben xeitosa, cunha mensaxe clara, sinxela pero cargada de contido. Non quedou dúbida de que todos queremos subirnos ao tren de Xesús de Nazaret.

Foi unha celebración cun ritmo diferente, cunhas voces diferentes, pero cunha mensaxe común. Deu gusto ver as caras de ledicias das nenas e nenos sentíndose protagonistas. Deu gusto ver a cara dos mais maiores que vían neles un signo de esperanza. E para o 18 de decembro tócanos outra vez… Non faltes!