Achégannos esta nova dende a ODSCoia, sobre a ILP para a regularización extraordinaria das persoas migrantes, na que tamén está a participar a nosa parroquia.
O peche da campaña de recollida ILP Regularización Xa! será o vindeiro xoves 10 de novembro ás 20h00 no café Uf Negra Sombra (Pracer 19 – Vigo).
No acto proxectarase o documental, elaborado por El Salto, que leva por título «Anatomía de las Fronteras» traballo co «queremos contribuir a la reflexión sobre el derecho humano a migrar y la necropolítica cómo único enfoque del norte global ante las migraciones». Ademais teremos a oportunidade de escoitar ao colectivo de Mexicanos en Galicia que darán a coñecer o seu traballo.