Programa para o Día das Letras Galegas

As compañeiras e compañeiros do Centro Cultural Rueiro elaboraron, xunto coa Asociación de mulleres Dorna e o movemento cidadán «O noso barrio», un interesantísimo programa para o Día das Letras Galegas, que queremos compartir con vós. O programa inclúe: un concerto musical do grupo «Darte», o domingo 8 de maio; un acto cultural e poético o martes 10 e o mércores 18, no que a veciñanza poderá recitar poemas do autor; unha charla coloquio sobre a biografía do homenaxeado, o xoves 12 de maio; e unha obra de teatro o domingo 5 de xuño.

Coma sempre, dende unha visión horizontal e participativa, convídannos a inscribirnos o antes posible no recital de poesía dos días 10 e 18 para para dar sentido a ese día tan especial para a nosa lingua.

A continuación tedes o Cartel- Programa das Letras Galegas 2022, con todos os horarios, e máis o Boletín de inscrición para participar no recital de poesía.

Contamos con todas e todos vós. Non faltedes!