Domingo 3º de Coresma: Hai que dar froito

Domingo 3º de Coresma (20 de marzo): Hai que dar froito.

Crer é comprometerse, seguir a Xesús é dar froito, e froito abondoso. Non podemos ser como a figueira, que non frutifica e impide que no terreo xermole a esperanza. Por iso estamos na obriga de saír das nosas comodidades e actuar no mundo, contruíndo dende o compromiso solidario coas empobrecidas, marxinadas, estranxeiras, oprimidas. Dende o barrio e para o mundo. Con outras. En comunidade.

E púxolles esta parábola:

– Un home tiña unha figueira plantada na súa viña; foi ver se tiña froitos e non llos atopou. Díxolle ó viñador: «Xa hai tres anos que veño buscar froito nesta figueira e non llo atopo. Córtaa, ¿para que vai cansar máis a terra?» El respondeulle:

«Señor, déixaa aínda un ano máis; vou ver se eu lle cavo un pouco arredor e lle boto esterco; a ver se así dá froito…; e, onde non, pódela cortar».

Lucas 13, 6-9