Domingo 2º de Coresma: Transformadas pola presenza de Deus

Domingo 2º de Coresma (13 de Marzo): Transformadas pola presencia de Deus nas nosas vidas.

Comprometerse con Deus é comprometerse co amor fraterno. So o amor transfórmanos e transforma a nosa realidade. En tempos de individualismo, de egoísmo, de tola competencia por acadar o poder e a gloria a costa de quen sexa e do que sexa, Deus ofrécenos un camiño revolucionario, un camiño a contracorrente, o camiño do amor, que conduce ata ese mundo posible e necesario, de paz e de xustiza, onde a felicidade de cada un de nós depende da felicidade de todas.

Mentres oraba, o aspecto do seu rostro cambiou. Oito días despois desta conversa, colleu a Pedro, a Xoán e mais a Santiago e subiu ó monte a orar. Mentres estaba orando, cambiou o aspecto do seu rostro, e os seus vestidos viraron brancos e resplandecentes. De súpeto apareceron dous homes falando con el; eran Moisés e mais Elías. Tiñan un aspecto glorioso e falaban do seu éxodo que remataría en Xerusalén. Pedro e mais os outros caían co sono, pero, manténdose espertos, contemplaron a súa gloria e os dous homes que o acompañaban.

Lucas 9, 28-32