Sumámonos á ILP pola regularización das persoas estranxeiras!

A Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) para a regularización extraordinaria de persoas estranxeiras está promovida por organizacións como #RegularizacionYA, unha das confluencias de persoas e colectivos migrantes e antirracistas con maior lexitimidade e presencia no territorio nacional, ou REDES, unha agrupación de máis de cincuenta entidades adicadas á Cooperación ao Desenvolvemento.

O pasado 23 de decembro, o Congreso aprobou o texto presentado e a partir de aí ponse en marcha un prazo de 9 meses (prorrogable outros 3) para a recollida de 500.000 firmas.

A proposta concreta que recolle a ILP é modificar a disposición transitoria primeira da Lei Orgánica 4/2000, do 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social coa seguinte redacción: “Disposición transitoria primeira. Regularización de estranxeiros que se atopen en España. O Goberno, mediante Real Decreto, establecerá, no prazo de 6 meses, un procedemento para a regularización dos estranxeiros que se atopen en territorio español antes do día 1 de novembro de 2021”

Na páxina web esenciales.info recóllese toda a información sobre a ILP, tanto o texto da iniciativa, os obxectivos, como as organizacións que forman parte da Comisión Promotora e as organizacións que se sumaron xa apoiando a iniciativa.

Hai uns días coñecíamos a opinión e postura da Comisión Episcopal para a Pastoral Social e Promoción Humana, que depende da Comisión Episcopal Española, postura que era claramente favorable a esta iniciativa, que apoian grupos de todo tipo unidos por un ben común.

O sábado 19 de febreiro preséntase a iniciativa da ILP en multitud de lugares do estado español, entre eles Santiago de Compostela, con recital de poesía e música incluído. Tedes abaixo o cartaz.

Pola nosa parte, a comunidade de base da Parroquia do Cristo da Vitoria comprometeuse a recoller cando menos 500 sinaturas para apoiar a ILP para a regularización extraordinaria das persoas extranxeiras. Todos os apoios serán benvidos. Máis que nunca, berraremos xuntas: #RegularizaciónXA!