Charla: «Vivenda como punto de partida para cidades acolledoras»

O vindeiro xoves 24 de febreiro a partires das 19:30 no salón de actos da parroquia do “Cristo da Vitoria” a nosa comunidade convida a coñecer o traballo de Provivienda.
Esta asociación traballa para mellorar a realidade residencial e facer efectivo o dereito á vivenda, especialmente para aquelas persoas que se atopan nunha situación de maior vulnerabilidade. Un dos programas da entidade é o Programa de Acollida Temporal para persoas solicitantes o beneficiarias de Protección Internacional, que financia o Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, en virtude do cal dispoñen de prazas de acollida para persoas  solicitantes de asilo. Organízase en varias fases que avanzan na cobertura de necesidades básicas,  acompañamento psico-social, xurídico, idioma, vivenda e emprego para que as persoas poidan iniciar o seu proxecto de vida na cidade acolledora.
O papel das entidades é necesario mais debe estar acompañado da presenza activa da veciñanza. As persoas migrantes sofren unha morea de atrancos nas nosas sociedades, por iso cómpre crearmos vínculos fortes que axuden a superar unhas políticas migratorias violentas e discriminatorias.