Actividades de formación en Educación na Fe

Dende o Ministerio de Educación na Fe da nosa parroquia véñense desenvolvendo diversas accións nos últimos tempos co propósito de favorecer e impulsar «unha catequese desenvolta por persoas ilusionadas, esperanzadas, motivadas, con ganas de formarse e formar, coordinadas e creativas». Preténdese «unha catequese acolledora e
aberta, integrada no barrio pero complementada con experiencias de fora; con implicación da
familia».

Unha das prioridades é desenvolver «unha formación con carácter de autoformación compartida». Nese sentido, na procura da coherencia con esta orientación pedagóxica, as catequistas sentíase na necesidade de implicarse activamente na súa propia autoformación; e para isto demandaron a orientación de José Ramón López de la Osa, dominico recén chegado á nosa parroquia, con amplos coñecementos teolóxicos e unha longa experiencia docente. Baixo o lema de «La mirada», José Ramón está a desenvolver unhas xornadas formativas que están a ser moi ben acollidas entre as catequistas. Aquí vos deixamos algunhas imaxes dunha das sesións:

Por outra banda, non podemos deixar de poñer o foco nas actividades de catequese coa rapazada, verdadeira protagonista e destinataria dos esforzos do Ministerio de Formación na Fe na nosa parroquia. Nestes días están a centrarse xa no tempo de Nadal. Como pequena mostra do seu bo facer, acompañamos este texto cunhas imaxes dunha sesión de elaboración de preciosos mandalas para decorar o noso Nacemento.