3ª Camiñada de Advento: «Dando pasos cara a utopía do Reino»

Domingo 3º de Advento: 12 de decembro

3ª CAMIÑADA: DANDO PASOS CARA A UTOPÍA DO REINO

So podemos camiñar compartindo o que temos, o que sabemos, o que somos. Ofrécense ante nós infinitas posibilidades de participar nesta camiñada, de implicarnos na construción de alternativas: comunidades de base, ecoloxismo, feminismo, movementos pacifistas, pola xustiza global, pola renda básica das iguais, finanzas éticas, consumo responsable… O vento da esperanza impúlsanos a camiñar.

E a xente preguntáballe:

‑¿E logo, que temos que facer?

El respondíalles:

‑O que teña dúas túnicas, que as reparta con quen non teña ningunha; e que faga o mesmo o que teña que comer.

Lucas 3, 10-11