Juan Antonio Terrón: «A Lama», outra perspectiva.

«Máis Social» é un proxecto intermodular que desenvolve o alumnado do segundo curso do Ciclo Superior de Integración Social, no colexio San José de la Guía de Vigo. No marco deste proxecto realizouse esta entrevista a Juan Antonio Terrón, o noso párroco, sobre a súa experiencia en relación co mundo da cárcere. A entrevista fíxoa Sara Romero, estudante do devandito ciclo e veciña do barrio de Coia que estivo vinculada á nosa parroquia.

Juan refírese á experiencia de acompañamento de rapaces do barrio que nun entorno complexo comezaron a ter problemas legais que nalgúns casos os conduciron a penas de prisión. Baixo o paraugas da Pastoral Penitenciaria da Diócese, Juan comenta como comezaron as súas visitas a aqueles mozos, que estaban agora no cárcere, para interesarse pola súa situación e amosarlles apoio e proximidade. Ademais, engade que coordina ultimamente un piso da Pastoral Penitencia para recibir a persoas presas en situación de permiso e sen recursos para ser acollidos nunha vivenda adecuada.

Por último, Juan prantexa unha reflexión crítica sobre o papel dos cárceres como suposto recurso de reinserción, abogando pola súa desaparición. Suxire outras alternativas que se poderían experimentar e que se están a probar xa nalgúns ámbitos. En todo caso, dado que a prisión está aí, dado que é unha realidade, podería cando menos ser un espazo moito máis pensado para rehabilitar e moito máis transparente e aberto. As condicións humanas son peores do que a xente espera: vivir na prisión é moi duro, non polas circunstancais materiais senón polas feridas psicolóxicas derivadas da privación de libertade. Por iso é importante visibilizar a situación dos cárceres, para que se coñeza esa realidade e poida a partir de aí ser transformada…