«O híper de Coia fai 40 anos»

Polo seu interese compartimos este artigo de Diego Lores, compañeiro da nosa comunidade que atende o punto de información da ODS-Coia e implicado sempre en moitas das loitas sociais do barrio e da cidade.

O artigo fai un pouco de historia e nos lembra a participación, entre outros colectivos, do Movemento Cidadán da parroquia do Cristo da Vitoria na loita por evitar a construción do hiper de Coia, hai 40 anos. Daquela había unha oposición xeneralizada entre a veciñanza, os comerciantes, os técnicos municipais… e aínda así, a pesares de que os xuíces lles deron a razón a posteriori, o híper permaneceu… contra todo e contra todos.

Como lembra Diego ao final do seu texto, hoxe asistimos aos fastos pola recente inauguración dun novo mega centro comercial, que está promovido por unha empresa que constitúe a rama comercial do grupo Alcampo. O capitalismo non deixa de avanzar e expandirse, pero a nós nos quedará sempre a opción de elixir e erguer a voz, poñer os corpos, e defender outros camiños, outras formas de vivir, outros mundos posibles e necesarios.