Ocote sobre a situación de Chile

As amigas do Comité Óscar Romero de Vigo mándannos un novo Ocote, que presentan así:

Ofrecémosche unha análise da situación chilena actual, acabada de enviar dende alí, grazas ao bo traballo dos nosos compañeiros do Comité Óscar Romero de Chile: «O neoliberalismo é unha ideoloxía que fomentou a violencia, o individualismo, a desigualdade e o roubo de bens que pertencen a todos. Non abonda con ter a conciencia limpa, se non que debemos ter unha conciencia digna, sendo «fermento na masa», «sal da terra», «luz do mundo». Significa o deber de integrar organizacións sociais e políticas, contribuíndo así a construír unha sociedade dirixida á busca do ben común, demostrando que o sacrificio de tantos non foi en balde e que as sementes están brotando pola memoria e pola vida.»

Unha aperta solidaria.

Aquí tedes o documento completo: