O papa Francisco e o «dereito» á propiedade privada

Recentemente, o papa Francisco lembraba nun vídeo dirixido á Organización Mundial do Traballo que dende a Doctrina Social da Igrexa a propiedade privada debería considerarse un dereito “secundario”, nin “intocable” nin “absoluto”. Engadiu tamén que a xustiza nunca poderá “cimentarse na inequidade, que supón a concentración da riqueza”.

Na mesma liña destacou que as axudas ás persoas empobrecidas so implican devolverlles “o que é seu”, é dicir, recoñecerlles os Dereitos Sociais a unha vida digna. Levamos moitos anos reclamando eses dereitos xunto con moitas máis persoas e colectivos, e as palabras do papa Francisco supoñen unha confirmación do que tantas veces temos defendido: non se trata de dar faragullas, como lembran moitas veces dende a ODS-Coia, senon de recoñecer dereitos. Non é a caridade entendida no sentido tradicional, vertical e estigmatizadora, senón a caridade no seu sentido máis orixinal e pleno, como interiorización da fraternidade que nos une e nos compromete, como xeradora de xustiza social: de aí que o papa Francisco lembre que a propiedade privada so pode entenderse como dereito secundario subordinado ao “destino universal dos bienes creados”.

Non hai que dicir que esta perspectiva debería levarnos a esixir, consecuentemente, medidas políticas moi claras en asuntos como a inmigración, os impostos, as «axudas» sociais, etc.

Sobre estas cuestións, recomendamos os artigos de José I. González Faus e de Hernán Bernasconi. Aquí o vídeo coa intervención do papa Francisco: