Volvemos celebrar a vida, a fe e a fraternidade!

Despois de varias semanas de confinamento, con cautela, pero con moito ánimo, volvemos celebrar a eucaristía a partir do próximo luns día 11 nos seguintes horarios:

  • De luns a sábado, ás 20:00 do serán.
  • Domingos ás 9:30, 11:30 e 12:30.

As portas da Parroquia ábrense novamente, pero de forma controlada. Seguindo as pertinentes instruccións sanitarias limitaremos o aforo a 120 persoas, ás que vos pedimos precaución, apoio e comprensión para poder celebrar de forma segura.