Tempo para a interioridade
1º domingo de Coresma:
¿Que é o que dá valor á miña vida?
Nun mundo cada vez máis acelerado, máis saturado de ruídos, imaxes, datos e palabras, a Coresma é tempo propicio para a interioridade, para retirarnos ao «deserto» e afondar na procura de respostas ás preguntas esenciais:
¿Quen son? ¿Que busco? ¿Que é o que dá valor aá miña vida?
«No solo de pan vive el hombre sino de toda palabra que sale de la boca de Dios» (Mateo 4,4)
2º domingo de Coresma:
¿Onde poño a miña felicidade?
A pregunta que cómpre facerse agora é decisiva: ¿Procuro a miña felicidade ou a felicidade das demais personas? ¿Prefiro quedarme feliz na miña montaña ou baixarei a compartir e a revindicar a felicidade de todas? Nun día como o de hoxe, cabe preguntarse tamén : ¿Non son as mulleres, portadoras dende sempre dos traballos dos coidados, que amosa o camiño? ¿Nono foron as mulleres quen revindicaron outro mundo posible ao berro de «Queremos o pan, pero precisamos as rosas»?
«Levantaos,no temáis» (Mateo 17,7)
3º domingo de Coresma:
¿A que fontes acudo para saciar a miña sede?
Nos domingos anteriores preguntámonos que daba valor á nosa vida e onde poñiamos a nosa felicidade. As preguntas seguen estando sempre aí… agardando a nosa resposta. Porque a vida non é unha liña recta, e tralos espazos de silencio interior e de felicidade persoal cómpre saía cara fóra, baizar do monte e buscar fontes onde refrescar a vida de todas e todos. ¿Onde atoparemos esas fontes?
«El que beba del agua que yo le daré nunca más tendrá sed» (Juan 4,14)
4º domingo de Coresma:
¿Con que ollos miro a realidade?
A mirada do mero espectador, pasiva, allea, insensible, é cada vez máis habitual no noso mundo. Por isto, neste tempo de Coresma, temos que renovar os nosos compromisos.
¿Estamos cegos ante as inxustizas, ante a dor, ante o sufrimiento? ¿Ou procuramos a luz da mirada amorosa, comprometida, solidaria de Xesús de Nazaret?
«Mientras estoy en el mundo, soy la luz del mundo» (Juan 9,5)
5º domingo de Coresma:
¿Comparto o don da vida?
Nos primeiros domingos deste tempo de Coresma cuestionámonos que daba valor á nosa vida e onde poñiamos a nosa felicidade; despois nos preguntamos como atopar as fontes onde saciar a nosa sede e con que ollos debíamos mirar a realidade. Quédanos unha pregunta, que dalgunha maneira serve para dar resposta a todas as demais: ¿Cremos na palabra, na vida de Xesús de Nazaret? ¿Escoitamos a súa chamada? ¿Compartimos o don da vida?
«Yo soy la resurrección y la vida» (Juan 11,25)