1º domingo de Coresma:

A palabra está cerca de ti, na túa boca e no teu corazón (Romanos 10, 8-13)

Debemos comprometernos -recollendo así tamén a herdanza da tradición dominica- a predicar a verdade, é dicir, a alzar a palabra verdadeira nun mundo cheo de palabrería superficial e de discursos dende o poder e para o poder.

Pola contra, a nosa palabra debe xurdir do corazón e debe atreverse a ser voz que clama no deserto, na denuncia das inxustizas e na procura do reino de Deus.