Crónica da festa de A Bouza 2017

A veciñanza de Coia gozamos dun espazo natural, con vexetación e fauna autóctona, no medio do noso Barrio. Foi obxectivo da especulación noutras décadas. Grazas ás mobilizacións e reivindicacións da nosa xente puidemos conservalo ata os nosos días.

É por iso que, cada segundo sábado do mes de Xuño, lembrámolo coa Festa de A Bouza. Por este motivo, o pasado sábado, 17 de xuño, os que alí estabamos puidemos gozar de todos os eventos organizados: xogos infantís, música da terra ao son das pandereteiras e gaitas de Rueiro, comida comunitaria baixo o arboredo, o famoso xogo da chave que levantou da sesta a todas as xeracións, da banda “Escola Música de Beade” e como non dunha gran Queimada para rematar.

Outro punto de reivindicación é construír neste parque o antigo Colexio Alemán para utilizalo como Centro Cultural, pero os políticos de quenda téñennos o esquecemento. Seguiremos na loita.

Nesta edición solidarizámonos tamén co noso veciño Saúl a favor da liberdade de expresión.

Foi un día caloroso, deses que parecía coma se caesen bocanadas de lume, pero o frescor da pradaría e da sombra os carballos centenarios tranquilizouno e os termómetros subían máis polo ambiente festivo que pola onda de calor.

A Bouza segue aberta todos os días do ano, convidamos a todo o mundo a vir gozala.

Ata o Magosto!