Charla coloquio sobre a sanidade publica

O Movemento Cidadan «O noso barrio», a Asociación de Mulleres «Dorna» e o Centro Cultural «Rueiro» convidannos a unha charla coloquio sobre «A Sanidade Pública». Intervirán: José Saez Penelas e Mª del Carmen Nores Maquieira, membros da Plataforma na Defensa da Sanidade Pública de Cangas e Manolo Martín (Voceiro de SOS Sanidade Publica Galicia). Será o Xoves 9 de Febreiro as 8 da tarde no Salón de Actos do Complexo Parroquial do Cristo da Victoria.