Celebramos a «Xornada Mundial da Vida Consagrada»

«Testemuñas da esperanza e a alegría» era o lema da Xornada Mundial da Vida Consagrada que se celebraba o 2 de febreiro, festa da Presentación do Señor no templo. Foi un día para mirar á vida consagrada e a cada un dos seus membros como un don de Deus á Igrexa e á humanidade que celebramos na nosa Igrexa do Cristo da Victoria cunha eucaristia compartida polo noso bispo Lois Quinteiro e relixiosos, relixiosas da nosa Diocese e laicos da nosa comunidade. Xuntos dimos grazas a Deus polo importante traballo dos relixiosos e relixiosas na nosa Diocese. Xuntos  comprometimonos a ser testemuña de esperanza e alegria nos nosos entornos.