21 Xaneiro no Marco: «Concentración contra o CETA»

Recibimos na nosa páxina para a súa difusión o seguinte comunicado do Grupo de Traballo de Acción Social da nosa comunidade:

Vigo súmase aos centos de cidades de todo o mundo que conformarán unha fronte común no día europeo de accións descentralizadas contra o CETA, nunha concentración no MARCO ás 12h o próximo sábado día 21 de xaneiro coa lectura dun manifesto.

Animámosvos a participar e pregámosvos que lle deades toda a difusión posible a este acto nas vosas comunidades.

Aquí vai evento de Facebook da concentración pra difundir polas diferentes RRSS: https://www.facebook.com/events/259479204466457/ (se queredes podedes etiquetarvos na fotografía do evento para visibilizalo aínda máis)

Por outra banda, no seguinte enlace tendes o enlace dos diferentes materiais gráficos da campaña https://nonaottip.org/materiais-de-difusion/materiais-de-difusion-para-a-concentracion-do-21-de-xaneiro-do-2017/ tamén para que se lle dea a maior difusión posible aos mesmos.

Unha aperta fraterna dos compoñentes do Grupo de Traballo de Acción Social