Pepa Torres: Cando a legalidade impide a humanidade

Empezo este post co impacto que me produciu escoitar a unha amiga que foi testemuña do desaloxo violento na cidade de París, dos máis de 3000 inmigrantes, procedentes á súa vez do desmantelamento dos campamentos de Calais. Conecto estes feitos tamén cunha carta de que me chegou de Monseñor Agrelo e con data de 14 de outubro na que escribe, coa indignación profética que lle caracteriza, que as persoas migrantes non son un perigo, senón que están en perigo e que a legalidade declarou a guerra aos pobres.