Andrés Torres Queiruga estivo connosco nas «charlas de Advento»

Andrés Torres Queiruga estivo connosco nas «charlas de Advento» sábado 26 de Novembro.

Andrés é un teólogo namorado da súa profesión e, sobre todo, de Deus. Dun Deus entendido e vivido como Amor, e como Perdón. Un teólogo con obra. Un teólogo de calado e de nivel. Dos poucos que, desde España, son capaces de repensar a fe. E Queiruga leva décadas dedicado en corpo e alma a esa tarefa. Un auténtico mestre, capaz de saírse dos camiños trillados. E de chegar a sorprender coas súas achegas.

O tema da charla foi: «O PERDÓN NA VIDA CRISTIÁ». Despois de falar do perdón incondicional de Deus pasóu ó xeito de celebralo sacramentalmente nas nosas comunidades destacando como prioritarias as celebracions comunitarias que na nosa comunidade vimos facendo dende hai tempo. Para quens non tiveches a ocasión de escoitar tan inteesante charla poñemos a vosa disposición…