Inscripcions na catequese da comunidade

O bautismo foi só o comezo do camiño do seguimento de Xesús. O neno ou a nena vivirá os seus primeiros pasos na fe coa axuda insuperable da familia. Pero a partir dunhna certa idade (mais ou menos os 7 anos) as familias contades co apoio da comunidade parroquial para que os nenos realicen o seu camiño de seguimento de Xesús unidos a unha comunidade máis ampla que a familia. O camiño vai marcado pola celebración de tres sacramentos: perdón, comuñón e confirmación. Despois a parroquia ofrece comunidades para seguir o camiño de Xesús e tamen multiples actividades de solidariedade e lecer.

As inscripcions comenzan o xoves dia 15 nos despachos da parroquia e durarán ata o dia 30. Entre ás 8 e as 9,30 da tarde.

A catequese comenzará na primeira e na segunda semana de Outubro.

O venres 23 ás 8 da tarde haberá unha xuntanza para ver o video do campamento de comuñon c@s nen@s e as familias e presentaranse os catequistas de postcomuñon.