Francisco: «Traballar a paz nas cousas pequenas»

«A paz é un don, é un don artesanal que todos debemos traballar, todos os días, pero traballalo nas cousas pequenas: no pequeno do día a día. Non bastan os grandes manifestos pola paz, os grandes encontros internacionais, se logo esta paz non se fai no pequeno. Aínda máis, podes falar da paz con palabras estupendas, dar unha gran conferencia… Pero se no pequeno da túa vida, no teu corazón non hai paz, na túa familia non hai paz, no teu barrio non hai paz, no teu posto de traballo non hai paz, tampouco haberá paz no mundo».

«Como está o teu corazón hoxe? Está en paz? Se non está en paz, antes de falar de paz, primeiro fai que haxa paz no teu corazón. Como está a túa familia hoxe? Está en paz? Se non es capaz de levar adiante en paz á túa familia, ao teu presbiterio, á túa congregación, non bastan palabras de paz para o mundo. Esta é a pregunta que quixese presentar hoxe: como está o corazón de cada un de nós? Está en paz? Como está a familia de cada un de nós? Está en paz? É así non? Para chegar ao mundo en paz»