Evanxeo do Domingo 14 de Agosto

Neste domingo de agosto Xesús vén poñer un punto de incomodidade no medio da nosa posible tranquilidade do verán, das vacacións. Aínda que, contando con que haxa moita xente doída pola situación política, social que estamos vivindo, haberá moitos que acollan estas palabras de Xesús como o que son en verdade: unha auténtica bendición, unha chamada a darlle cara á vida de forma valente e apaixonada, coas consecuencias que iso nos poida traer a nivel persoal, familiar, social.