Leonardo Boff: «O Papa Francisco e a economia de exclusión»

A posición do Papa Francisco a partir dos pobres excluídos é clarísima: «non deben quedar dúbidas nin caben explicacións que debiliten» esta opción xa «que existe un vínculo inseparable entre a nosa fe e os pobres». De forma contundente denuncia: «o sistema social e económico é inxusto na súa raíz»; «DEBEMOS DICIR NON A UNHA ECONOMÍA DE EXLCUSIÓN E DE DESIGUALDADE SOCIAL; ESTA ECONOMÍA MATA… o ser humano é considerado, en si mesmo, como un ben de consumo que se pode usar e despois tirar; os excluídos non son «explotados» senón desechos, «sobrantes»». (Leonardo Boff)