O Evanxeo do Domingo 10 de Xullo

O dominico brasileño Frei Betto, no articulo publicado nesta paxina web «O cristianismo como proxecto civilizatorio» fai mención de que os valores de Xesús  hoxe poden facer un mundo mellor e mais humano. As Benaventuranzas, que resumen os valores de Xesús,  son «oito vías que imprimen sentido altruísta ás nosas vidas (Mateo 5,3-12)» E as explicita así: «ser solidario cos excluídos, como fixo o bo samaritano -evanxeo de hoxe- ; compasivo, como o pai do fillo pródigo; desposuído, como a viuda que doou ao templo o diñeiro que necesitaba. Hai que asegurar a todos condicións dignas de vida, como no relato da multiplicación de pans e peces. Hai que denunciar aos que poñen a lei por sobre os dereitos humanos e fan da casa de Deus unha cueva de ladróns. Hai que facer da nosa carne e sangue pan e viño para que todos, en torno á mesma mesa, comulguen no milagre da vida unidos por un só Espírito».