Rematou o primeiro Campamento e comenzou o segundo Campamento Parroquial

Rematou o primeiro campamento parroquial. @s participantes fixeron a seguinte valoración:

«Do 1 ao 4 de xullo, reunímonos 30 rapazas e rapaces que fixemos a comuñón este curso, cos seus monitores e cociñeiros. Nestes días temos compartido moitos e moi bos momentos, témonos  bañado no río, xogos de auga, xincanas, etc. Tamén  tratamos temas actuais, de ecoloxía, das desigualdades dos diversos países do mundo…, e realizamos obradoiros con diversas dinámicas. Coma sempre xogamos ao amigo invisible durante todo o campamento. Rematadas as actividades co famoso rastrexo no que houbo sustos, risas e algunha bágoa. Aínda quedáronnos moitas ganas de repetir as mesmas experiencias o próximo ano».

E o segundo campamento comezou o pasado luns dia 4. Durará ata o luns 11 de Xullo. Nel participan 41 mozos e mozas cos seus correspondentes monitores e voluntari@s que se encargan do servizo de cociña. Este grupo provén da catequesis de postcomunión e de adolescencia que se leva a cabo todos os domingos durante o ano. Desde esta páxina desexámoslles unha feliz estancia en Vilán.

¡Feliz estancia en Vilán!