Comenzan os Campamentos Parroquiais

Comenzan xa os campamentos de verán na casa que a nosa comunidade ten en Vilán (Fornelos de Montes). No primeiro, de fin de semana, do 1 ao 4 de Xullo, participan 29 nenos e nenas que fixeron a súa Primeira Comuñón neste curso. Irán acompañados dos seus catequistas. A continuación, entre o 4 e o 11 de xullo, teran o seu campamento  os nenos e nenas de postcomunión e os preadolescentes  e adolescentes. Tamen irán acompañados dos seus catequistas. Os xa confirmados, os mozos e mozas, terán tamén o seu campamento volante polo «camiño dos faros» mais adiante.

¡Bos campamentos e bo veran para tod@s!