@s Dominic@s de Galicia celebramos os 800 anos da Orden

O próximo dia 11 de xuño l@s dominic@s de Galicia celebraremos os 800 anos da fundación que xa desde os seus comezos puxo os seus conventos en Galicia. Con este motivo teremos un acto académico en Santo Domingo de Bonaval, unha charla sobre «A orde dominicana en Galicia: arte e fundacións» a cargo de Carmen Manso Porto da Real Academia da Historia. E a continuación unha comida fraterna no Colexio de La Salle. As 6 da tarde unha eucaristía no Mosteiro de Dominicas de Belvís presidida polo Provincial dos Dominicos de Hispania. Para estes actos contaremos coa participación da Coral «Ars Vocalis» do Centro Cultural «Rueiro» que entre outras pezas daranos a coñecer o Himno de Xubileu. Para a devandita xornada haberá autobuses desde A Coruña e Vigo. Podemos ir anotándonos para participar no despacho parroquial.

Mais información sobre @s dominic@s e o xubileu

A Orde de Predicadores (Dominic@s) foi fundada por Santo Domingo de Guzmán e aprobada polo papa Honorio III en 1216. O VIII centenario celébrase do 7 de novembro de 2015 ao 21 de xaneiro de 2017 e leva como lema ‘Enviados a predicar o evanxeo’.

A Orde dos Dominicos nace co encargo de predicar o evanxeo nuns momentos nos que “só predicaban os bispos e non sempre o facían”. Desde os inicios, Santo Domingo e os primeiros dominicos entenderon que para a predicación “debían formarse nas mellores universidades” e atopar “a fonte da predicación na oración e o estudo”.

L@s Dominic@s estamos formados por frades, monxas contemplativas e de vida activa e laicos. En total “uns cen mil membros”.

En Galicia estivemos presentes entre o século XIII e o XIX en Santiago de Compostela (Santo Domingo de Bonaval, hoxe Museo do Pobo Galego, e Belvis), Lugo capital, Monforte de  Lemos, A Coruña, Betanzos, Viveiro, Ourense, Ribadavia, Tui, Ferreira de Pantón, Ortigueira, Baiona e Pontevedra. Santo Domingo de Pontevedra (hoxe en ruínas) foi a Igrexa gótica máis importante de Galicia, con cinco ábsides.

Na actualidade @s dominic@s estamos presentes na Coruña e Vigo.As dominicas contenplativas están presentes en Viveiro, Santiago de Compostela e Baiona.

En Vigo, a raíz do ensanche da cidade, promovido pola expansion da súa industria, @s Dominic@s fixémosnos presentes na cidade tras asinar un contrato coa diocese de Tui-Vigo que nos concede unha parroquia no naciente Polígono de Coia . Establécese así en outubro do ano 1972 unha pequena comunidade dedicada integramente ás tarefas pastorais propias da parroquia á que se lle engade en 1975 outra comunidade de irmás dominicas tamén dedicadas á tarefa parroquial. No ano 1981 inaugurase o Complexo Parroquial diseñado polo arquitecto dominico Francisco Coello de Portugal (“Curro”) e trasladanse a él as actividades que ata ese momento levabanse a cabo no Instituto Coia-2 (“Alexandre Bóveda”), amablemente cedido pola súa dirección.

Na actualidade aquí seguimos “enviados a predicar o evanxeo” pero agora xa somos moit@s @s dedicad@s a esta misión comezada por “un tal Xesús” e renovada en momentos difíciles da Igrexa por “un tal Domingo”.