Comenzaron as Comuñons

O pasado sábado 7 de Maio comezaron as comuñóns na parroquia. Dez e seis nenos e nenas participaron neste primeiro grupo. Foi o final dunha etapa de iniciación á vida cristiá de dous anos á que seguirá outra etapa de formación que culminará coa incorporación plena á vida cristiá coa confirmación. Como complemento ás actividades deste curso aínda teremos unha excursión-convivencia de nenos, familias e catequistas en Vilán 0 5 de xuño e un minicampamento entre os días 1 ao 4 de xullo. Felicidades a nenos, familias, catequistas e coro por esta bonita celebración.