Letras Galegas 2016 na nosa comunidade

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de Maio de 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares Gallegos de Rosalía de Castro. A partir desa data ada ano un ilustre galego distinguido polo seu compromiso ca lingua galega é o protagonista da celebración. Este ano tocalle a Manuel María Fernández Teixeiro, nado en Outeiro de Rei o 6 de Outubro de 1929 e finado na Coruña o 8 de setembro de 2004. Foi un poeta, narrador, dramaturgo e académico da lingua galega, destacado polo seu carácter combativo e mais polo seu compromiso político.

A nosa comunidade do Cristo da Victoria celebra casi todo o mes de Maio esta data animada pola Asociación de Mulleres «Dorna» e o Centro Cultural «Rueiro». As dúas asociacions prepararon un programa conxunto de actividades que comenzará o martes 10 de Maio coñecendo a vida e obra de Manuel Maria dende a charla de Xosé Maria Moreno Villar, profesor de Lingua Glega do IEM de Beade. Será as 7,30 da tarde no Salón de Actos da Parroquia.