Dia mundial do Comercio Xusto

O comercio xusto (ou comercio equitativo) é unha forma alternativa de comercio promovida por varias organizacións non gobernamentais, pola Organización das Nacións Unidas e polos movementos sociais e políticos (como o pacifismo e o ecoloxismo) que promoven unha relación comercial voluntaria e xusta entre produtores e consumidores.

O dia 9 de Maio é o Dia Mundial do Comercio Xusto. Este ano, o día centrarase nas inxustizas e violacións de Dereitos Humanos que se producen no sector do téxtil. Nese Día querese facer unha chamada á cidadanía para que coñeza que hai detrás da súa roupa e doutros artigos téxtiles que utilizamos cotidianamente.

Na cidade de Vigo a devandita data será celebrada o 28 de Maio e na R/ Urzaiz (peonil do Calvario) haberá actividades, exposicions, venda de productos, xogos, actuacions musicais, e lectura de meniafesto. Será entre as 11 da mañan e as 8 da tarde. Entre os convocantes está a Rede Solidaria Galicia Sur á que pertenece a nosa comunidade.

  • Información mais completa aqui