Manifestación da Rede Galega En Apoio Das Persoas Refuxiadas

A Coordinadora de Crentes Galegos, da cal forma parte a nosa comunidade, adheriuse  a REDE GALEGA EN APOIO AS PERSOAS REFUXIADAS. Desta Coordinadora acabamos de recibir a seguinte comunicación:

Ola a tod@s, finalmente podemos confirmar xa que a manifestación da Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas, da que forma parte a Coordinadora de Crentes, será o sábado 23 de abril e sairá ás 17 h. da Praza Roxa (Santiago). O remate da mesma será nunha Praza da Zona Vella (probablemente na Quintana) onde, a continuación, se desenvolverán unha serie de actuacións que xa tiñan previstas levar a cabo o grupo de Refuxiadas Compostela.

En canto saibamos algo máis, seguimos informando pero reservade a data nas vosas axendas e ide avisando nos vosos grupos.

Un saúdo de Josecho Barca