Celebramos as confirmacións na nosa parroquia

O pasado sábado 9 de Abril tivemos o gusto de celebrar na nosa comunidade o sacramento da confirmación de Iago, Natalia, Iria, Henar, Irene e Marta. Un cartel grande á beira da mesa da comunidade presentaba unha semente medrando e podíase ler a frase de «sementes de esperanza». O noso Bispo, Don Luís Quinteiro, soubo describir moi ben na sua homilia o que significaba esta frase: cambiar para que o mundo cambie. Partiu do cambio que tiveron os discipulos e discipulas de Xesús ao atoparse con El, Resucitado, para explicarnos o cambio que toda a Igrexa debemos impulsar nas nosas comunidades cristianas e na nosa sociedade xunto con todas as persoas de boa vontade. En especial a confirmación destes mozos e mozas suponia para eles apuntarse ao cambio xunto con toda a comunidade, cousa que viña facendose dende o comenzo da parroquia hai mais de corenta anos. Comunidades de moz@s xa confirmad@s presentaron a Don Luís aos neo-confirmandos, garantindo o seu compromiso con Xesús e a comunidade, cousa tamen polos seus catequistas e padriños Ruben e Susana. Estes mesmos grupos de mozos e mozas animaban tamén os cantos da celebración. O ambiente era unha explosión de mocidade porque tamén estaban presentes os que veñen detrás que recibiron dos confirmandos unha planta para cultivar simbolizando a súa fe e compromiso en crecemento. Como complemento da celebración os confirmados, as súas familias e a comunidade ofrecéronnos nos salóns da parroquia unha rica merenda.

PARABENS DESDE ESTA PÁXINA!!!