O «testamento vital» é o escrito polo que unha persoa manifesta a súa vontade sobre os coidados e o tratamento da súa saúde en previsión de non estar nalgún momento con facultades suficientes para unha correcta comunicación.
O grupo de Pastoral da Saúde da nosa comunidade parroquial convídanos á charla que sobre o tema do «testamento vital» dara Jesús Martínez Carracedo no Salón de Actos da nosa parroquia o venres 8 de abril ás 8,30 da tarde. Jesús Rodríguez Carracedo é Director do Departamento de Pastoral da Saúde da Conferencia Episcopal Española e Vigairo Parroquial na Parroquia do Sagrado Corazón de Vigo.