@s dominic@s celebramos os 800 anos da fundación por Santo Domingo de Guzmán da «Orde de Predicadores». Foi no ano 1216 cando o Papa Honorio III aprobou a fundación. Con este motivo nas charlas de Coresma estará con nos Jesús Diaz, teólogo, Provincial dos Dominicos de Hispania, desenrolando dous temas ben actuais, que forman parte da espiritualidade dominicana: a compaixon e a verdade. O titulo das charlas é «A compaixon e a verdade na orde de predicadores». Teran lugar o venres 11 de marzo ás 8,30 da tarde e o sábado 12 ás 5 da tarde. E como remate das xornadas celebraremos unha eucaristía o domingo 13 ás 12,30 da mañana na que colocaremos na capela unha escultura de Domingo de Guzmán obra do escultor dominico Alfonso Salas.