Vigo por unha «pasaxe seguro» para os inmigrantes e refuxiados

O 27 de febreiro, os cidadáns europeos reuniranse en cidades de todo o continente para defender os dereitos das persoas desprazadas. Estamos esixindo que as autoridades europeas e os gobernos tomen medidas XA! para abrir as rutas seguras para todos aqueles que buscan protección. En Vigo será ás 12 da mañan do cruce Via Norte – Urzaiz ó Museo Marco.

«Safepassage- Pasaje seguro» significa:

  • Rutas legais e seguras: non máis mortes nas nosas fronteiras.
  • Protección dos refuxiados a través de Europa.
  • Manter abertas as fronteiras internas dentro do espazo Schengen.
  • Recepción e asilo en todos os países europeos, respetando os dereitos dos solicitantes de asilo e refuxiados, permitíndolles seguir mantendo as súas pertenzas, e reunirse coas súas familias inmediatamente, proporcionándolle o seu dereito de asilo.Estas persoa fuxen da guerra, da persecución e da fame. Sen embargo, Europa mira cara outro lado. Case 400 persoas morreron intentando chegar ás costas europeas, e as condicións dos campos de refuxiados como Calais e Dunkerque falan por sí mesmos.A morte do pequeno Aylan Kurdi, de tres anos de idade, en setembro do ano 2015, provocou unha onda de indignación mundial, pero dende entón, máis de 400 nenos morreron do mesmo xeito que Aylan, afogados en silencio. Segundo a ONU, os nenos representan máis de un tercio dos grupos que cruzan de Turquía a Grecia.A necesidade de proporcionar un paso seguro nunca foi máis urxente.
    Europa tivo retos máis grandes no pasado, e por eso sabemos que agora pode facelo mellor. ESIXIMOS QUE O FAGAN MELLOR!!!