Actividades polo Día da Paz e misa de familias

O vindeiro domingo 26 de xaneiro, imos celebrar na nosa comunidade o Día da Paz cos nenos e nenas que están nas distintas etapas da educación na fe, dende iniciación ata o grupo de adolescentes.

Para a mañá do domingo hai preparadas unha serie de actividades para os cativos (obradoiro, vídeo, etc.) que comezarán ás 10h30 e que rematarán ao redor das 12h15.

Logo das actividades para os máis pequenos celebraremos todas as etapas da educación na fe a Misa de Familias, dedicada tamén a este día da Paz.

Estades todas convidadas!