Recorremos a inadmisión a trámite da petición dunha Renda Básica

“Inadmitidas”. Ante a resposta da Xunta á esixencia dunha renda básica para garantir uns mínimos cos que vivir dignamente volvemos a seguir o camiño da denuncia pública. O fixemos cunha concentración e cun acto de entrega colectiva no edificio da Xunta de Galicia en Vigo.

Medio centenar de persoas con carteis rotulados coa palabra “inadmitidas” acudiron á chamada da ODS-Coia e da parroquia do Cristo da Victoria para amosar claramente que non aceptamos a inadmisión a trámite da petición dunha renda básica. A súa falla total de sensibilidade queda de manifesto xa que nin sequera contemplan a necesidade de reflexionar sobre o xusto e transformador da nosa petición. Hoxe ademais o amosaron coa actuación da policía e da seguridade privada; xa que esta mañá volveron a poñer moitos atrancos para facer a entrega colectiva limitando o acceso ao rexistro.

Os recursos quedaron entregados logo de ler o manifesto diante do edificio administrativo. Edificio que este venres estivo por un rato cheo de dalgunhas desas persoas ás que a Xunta e o resto de poderes queren negar os mínimos para a vida.

Neste enlace tedes algunhas imaxes: www.flickr.com/photos/axluar/sets/72157635686284984