Venres 20/09: Acto de entrega e concentración diante da Xunta

Desde a ODS-Coia e a parroquia do Cristo da Victoria queremos vos convidar a unha concentración e ao posterior acto de entrega colectiva dos recursos cos que respondemos á inadmisión da petición dunha renda básica para garantizar o dereito a vivir dignamente. O acto será o venres 20 de setembro a partires das 11h30 no edificio administrativo que a Xunta de Galicia ten en Vigo na rúa Concepcion Areal 8.

O 22 de agosto a Consellería de Traballo e Benestar respondía ao centenar de escritos presentados, exercendo o dereito de petición, esixindo unha renda básica coa que cubrir as necesidades vitais de todas as persoas.

A resposta da Xunta de Galicia pode resumirse nunha palabra: «INADMITIDAS».

Amosan así a súa falla de sensibilidade e o seu desprezo ante un problema social que cada día afecta a máis persoas privadas dos mínimos para a vida. Por iso volvemos á Xunta para manifestar que nós «inadmitimos» a súa irresponsabilidade a través da entrega dun recurso replicando a súa resposta.

Tedes a resposta da Xunta, aquí: odscoia.arkipelagos.net/sites/odscoia.arkipelagos.net/files/inadmision_xunta.pdf,e o recurso que imos presentar neste enlace: odscoia.arkipelagos.net/sites/odscoia.arkipelagos.net/files/reposicion_xunta_final.odt

O martes 17 de setembro quedamos ás 17h00 nos baixos da parroquia para preparar o acto do venres.