A Romaxe de Crentes Galegos xuntou na Carballeira da Madanela a case 3.000 cristiáns

Un bo grupo da nosa comunidade participou na XXXVI Romaxe de Crentes Galegos. A prensa de Ourense recolle así o acontecemento:

A Romaxe de Crentes Galegos xuntou na Carballeida da Madanela case 3.000 cristiáns procedentes das catro provincias galegas. Todos eles disfrutaron dunha xornada de oración pero tamén de moita diversión e cun marcado carácter reivindicativo da figura da muller como sacerdote e de exaltación da xente do pobo galego . Onte cumplíanse 36 anos dende que a asociación Irimia puxo en marcha esta festa relixiosa, que se celebra cada ano en distintos lugares da xeografía galega, elexindo para esta edición O Carballiño, e co lema ‘A esperanza corre présa’.

Deste xeito, os romeiros asistiron ós actos paraliturxicos que se desenvolveron e disfrutaron coa música do grupo A Quenlla, ademáis da comida ó aire libre nesta paraxe natural da parroquia de Santa Uxía de Lobas. Con motivo da afluencia de tanta xente, o Concello do Carballiño dispuxo dun operativo de seguridade integrado por Protección Civil e Policía Local que se encargaron, fundamentalmente, de controlar a circulación dos máis de 30 autobuses e 300 vehículos.Previamente, tamén foron acondicionadas as estradas e se instalou un xenerador eléctrico e un palco.

O encontro de cristiáns galegos concluía pola tarde na Igrexa da Veracruz, cun acto de acción de gracias.

Fonte: http://www.laregion.es/noticia/265080/romaxe/crentes/reuniu/persoas/

Un comentario

  1. Ive been exploring for a little bit for any high-quality articles or weblog posts in this kind of area . Exploring in Yahoo I finally stumbled upon this site. Studying this info So i am happy to express that Ive a very excellent uncanny feeling I found out exactly what I needed. I such a lot no doubt will make certain to do not disregard this site and provides it a glance on a relentless basis.

Los comentarios están cerrados.