Reunión educadores/as na fe para preparar o curso 2013/14

Entramos no mes de setembro e con el comeza a funcionar a maquinaria da comunidade. Por isto a xente encargada da educación na fe nas súas distintas etapas está convocada a unha reunión para programar o curso 2013/14. Ao encontro están convocadas as persoas que continuarán na catequese nas distintas etapas e aquelas que teñan intención de colaborar nesta tarefa para este curso que comeza.

Celebrarase o vindeiro sábado 7 de setembro e comezará ás 10h00 para rematar preto das 13h00.