Era unha tarde de moita calor, pero as toallas non estaban nos areais de samil senón na rúa do Príncipe. O acto convocado polo grupo Imán e pola nosa comunidade xa ven sendo habitual nos meses de agosto dos últimos anos.
As razóns de saíres á rúa son moi graves: o pechamento de Sereos. O concello de Vigo botou o peche ao local da rúa Elduayen coa idea de atender ás persoas na zona de Beiramaar cunha furgoneta móbil.
Detrás de esta medida semella que está o proxecto de facer do casco vello un decorado sen vida para os turistas que chegan en grandes cruceiros. E nese decorado semella que sobran as persoas máis empobrecidas da cidade, as persoas sen fogar, xa que afean a paisaxe e molestan coa súa presenza en rúas e prazas.
Deste xeito preto dun cento de persoas concentrámonos nas escalinatas do MARCO e tras a exposición de Antón foron dando as súas opinións sobre este grave asunto.
A nova na Voz de Galicia: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2013/08/14/bano-sentido-comun/0003_201308V14C3991.htm#.Ugswp4pbWDZ.facebook