Campaña de sinaturas para que os bispos sexan escollidos polas igrexas locais

Varios grupos próximos a Redes Cristiás en Estados Unidos comezaron hai pouco unha campaña de recollida de sinaturas para apoiar unha carta ao papa Francisco. Nela se lle insta a que pida ás igrexas locais que escollan aos seus propios bispos. A versión en castelán da web é: www.IglesiaCatolicaReforma.com

Nela podedes asinar e tamén atopar unha serie de textos que fundamentan e explican a campaña. Todo isto na liña de que cada vez sexa máis real unha Igrexa participativa e democrática.

Fonte: http://www.redescristianas.net/2013/07/18/campana-de-firmas-para-que-los-obispos-sean-elegidos-por-las-iglesias-locales/